Os compromisos contraídos neste Congreso Escolar enmárcanse dentro dunha dinámica de traballo asumida por un equipo de profesionais da Educación Ambiental, que proporcionou asesoramento e apoio continuo aos proxectos presentados, mediante charlas, reunións co profesorado, saídas de campo, enquisas de opinión, visitas periódicas aos centros e procura de recursos.

Para realizar esta labor, dispuxo dun elemento importante como é o Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga, situado na sede do CEIDA, que permitiu satisfacer as necesidades formativas e de documentación tanto do profesorado como do alumnado.

Tanto o apoio económico da Deputación da Coruña como a tarefa divulgativa e técnica do equipo humano do CEIDA permitiron a celebración do Congreso, que se concebiu como un espazo para compartir experiencias, coñecementos e intercambiar opinións.

Organiza: Ceida - Patrocina: Deputación da Coruña