II Congreso de Educación Ambiental
dos Centros de Ensino da Coruña

Espazos para conservar
Defendamos o noso patrimonio natural
29 de Maio do 2008
Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Destinatarios

Centros de ensino da provincia da Coruña

Obxectivos
  • Incentivar aos centros educativos para que traballen en iniciativas a prol da conservación e divulgación do medio natural
  • Axudar na consolidación dunha nova cultura ambiental entre toda a comunidade educativa
  • Consolidar vías de comunicación e de colaboración entre os centros educativos e o CEIDA
  • Crear espazos para a participación e o debate, apoiando o papel dos centros educativos como difusores dunha conciencia ambiental na sociedade
  • Consolidar o Congreso Escolar como espazo de referencia da posta en valor do patrimonio natural galego e divulgación dos traballos realizados
Compromisos do CEIDA
  • Asesoramento e apoio por parte do equipo de educación ambiental do CEIDA
  • Apoio económico aos proxectos participantes
  • Satisfacción das necesidades de documentación tanto do profesorado como do alumnado (Centro de Documentación Domingo Quiroga)
  • Realización do congreso como espazo de intercambio e punto de encontro entre tódolos participantes
Requisitos Información adicional
  • Os proxectos que se presenten deberán abordar aspectos relacionados coa conservación e posta en valor do Patrimonio Natural de Galicia
  • O idioma de presentación dos proxectos debe ser o galego
  • Os proxectos presentados deben contar coa seguinte estrutura: título, xustificación e/ou obxectivos, metodoloxía e orzamento
  • O prazo de preinscrición remata o 31 de Xaneiro do 2008
  • O CEIDA priorizará os proxectos participantes en función do volume e a calidade dos traballos presentados
  • Dado que o fío condutor do Congreso é o alumnado a través da exposición dos proxectos, so poderán participar no mesmo aqueles que contribuíran ao seu desenvolvemento
  • Os proxectos participantes terán unha axuda máxima de ata de 500 € por proxecto. A organización poderá adiantar ata un 60% do orzamento presentado
Para máis información:
educacion@ceida.org 981 630 618
Organiza: Ceida - Patrocina: Deputación da Coruña