Os evidentes beneficios das Áreas Mariñas Protexidas
image:barco de pesca

Son moitos os beneficios que a pesca obtén directamente das Áreas Mariñas Protexidas:
 
- As reservas existentes mostran un rápido incremento da biomasa de peixes. As especies medran máis e producen maior cantidade de ovos e larvas. As máis valiosas tenden a responder mesmo máis claramente.

- Deste xeito, as Áreas Mariñas Protexidas "exportan" pesca. Estudos de mercado mostran que moitas especies de peixes se moven o suficientemente lonxe como para abandonalas. A captura por unidade de esforzo dos pescadores increméntase así nos límites das reservas. Naquelas onde durante varios anos se respectaron os límites de pesca, os pescadores pescan preferentemente preto dos límites destas.

- Por outra banda, constitúen un "seguro" contra a incerteza, ao brindar unha maior capacidade de predición nas capturas. Isto reduce e simplifica os problemas de xestión.

- O sector pesqueiro, grazas a elas, recupera unha boa imaxe entre os consumidores.

- Por último, facilitan a recuperación do mar tras catástrofes de orixe humana (mareas negras.) ou natural (tifóns, eutrofización natural, etc.).

logos

© CEIDA Todos os dereitos reservados.
Diseño web TERRANOVA. Validar xhtml 1.0 Transitional.