Aula do Mar | CEIDA

Aula do Mar

A antiga casa do fareiro dos Faros de Mera, converteuse grazas a un convenio asinado entre o Concello de Oleiros e a Fundación Arao na actual Aula do Mar: Centro de Recepción de Visitantes do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes. Ubícase nunha zona, cun gran valor natural, e que se converte na porta natural e case obrigada deste espazo protexido.

Foto da Aula do Mar

No seu interior alberga unha exposición interpretativa permanente, distribuida en dúas salas e dous miradoiros acristalados, un laboratorio, espazos para a proxección de audiovisuais, ampla terraza e puntos de observación ornitolóxica. Cando o visitante accede á aula sorpréndese coa reprodución dunha batea, ou dunha furna na que poder mergullarse e escoitar e ulir o mesmo que os animais que viven neste entorno. Pode a continuación gozar dos antigos focos do Faro de Mera, ou visualizar sobre unha foto aérea os principais elementos patrimoniais e puntos de interese do Monumento. A Aula do Mar actúa tamén como Centro de Recepción de visitantes do Monumento Natural ofrecendo un servicio de información que asesora sobre as condutas aconsellables dentro do Monumento Natural, as súas restricións e posibilidades e as zonas aconsellables para visitar, de xeito que o impacto sexa mínimo. Tamén ofertase un servizo de guías para que os colectivos que estean interesados.

¿Como visitar a aula do mar?

O CEIDA é o responsable da xestión da Aula do Mar, de xeito que para poder visitar ou para maior información deste equipamento chamar o teléfono: 981.630.618.

Horario

  Mañá Tarde
Sábados, Domingos e Festivos 11:00 a 14:00 16:00 a 19:00