O Monumento Natural Costa de Dexo localízase no Concello de Oleiros (A Coruña). Percorre a franxa marítima que se atopa entre os Faros de Mera e o Porto de Lorbé e inclue a totalidade de illas e illotes próximos á costa. Esta franxa costeira é unha das poucas áreas naturais ben conservadas de toda a costa ártabra. Este feito, xunto á singularidade dos seus ecosistemas e hábitats, e á súa xeomorfoloxía e paisaxe foron os motivos de que, no ano 2000, fose declarada Monumento Natural.
Costa acantilada onde nidifican algunhas especies de aves mariñas como o corvo mariño cristado, a gaivota patiamarela e aves ripícolas singulares como o andurón.


Se queres máis información sobre o monumento natural podes descargarte os seguintes documentos: