Punto de información turística | CEIDA

Punto de información turística

A entrada ao Castelo de Santa Cruz está flanqueada por dúas torres centenarias. A torre cuadrada albergará a partires deste verán un punto de información turística de toda a comarca.

Nesta torre o público terá ademáis a súa disposición, a información referente aos Espazos Naturais Protexidos da comarca e de Galicia, información referente a diversas temáticas ambientais de actualidade e tamén toda a oferta divulgativa e formativa do CEIDA.