O Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga é un centro de información especializado na temática ambiental, sendo as súas principais áreas temáticas a Educación Ambiental, a Conservación e o Desenvolvemento Sustentable.
Como centro de documentación, realiza unha análise detallada dos materiais e ofrece un amplo número de servizos, co fin de facilitar un acceso rápido e eficaz á información ambiental.
Este centro forma parte dunha rede estatal, RECIDA (Rede de Centros de Información e Documentación Ambiental), que reúne diferentes unidades de información representantes de 14 autonomías do estado español.
A importancia do centro de documentación radica na singularidade e especialización dos seus fondos:
Na sección Recursos do menú da dereita podes atopar a bibliografía dispoñible no centro de documentación e documentos en liña sobre as principais liñas de traballo do CEIDA: Municipal, Forestal, Conservación, Cambio climático, Educación Ambiental, Cooperación e Turismo.
O centro está aberto para todas as personas que procuran información de carácter ambiental, ben para aqueles que desexan coñecer e disfrutar máis do seu entorno, ou ben para quen a precisa como ferramenta no seu ámbito profesional.
Aberto ao público de luns a venres, de 9.00 h. a 14.30 h. As consultas poden formularse tamén a través do correo electrónico (documentacion@ceida.org) ou vía telefónica (981630618).