Conservación en xeral | CEIDA

Conservación en xeral

Categoría: Conservación en xeral

Voltar ao Directorio

Categoría: Conservación en xeral, Estranxeiros

  • Centro Europeo de Conservación da natureza www.ecnc.nl

    Organización que promove activamente a conservación da natureza e especialmente a biodiversidade en Europa, debido aos seus valores intrínsecos e a súa importancia para a economía e a cultura, establecendo unha ponte entre ciencia e política.

    Contén informes, reportaxes, novas, información sobre os seus proxectos, encontros, etc.

  • Conservation International www.conservation.org/xp/CIWEB/home

    Organización sen ánimo de lucro que aplica as innovacións en ciencia, economía, política e participación comunitaria para a protección da biodiversidade en todo o planeta.

    Contén información sobre as estratexias e programas de conservación que está levando a cabo, así como daquelas rexións que precisan unha maior protección debido a que posúen unha enorme biodiversidade. Ademais na páxina pódese consultar a súa librería virtual e permítese a descarga dalgúns documentos.

  • Food and Agriculture Organization of the United Nations. FAO www.fao.org/index_es.htm

    Organización que conduce as actividades internacionais encamiñadas a erradicar a fame. Brinda os seus servizos tanto a países desenvolvidos como a países en desenvolvemento, e actúa como un foro neutral onde todos os países se reúnen en pé de igualdade para negociar acordos e debater políticas.

    Contén documentos, estatísticas, mapas e recursos multimedia.

  • European Environment Agency. EEA local.es.eea.eu.int

    Organismo principal público europeo adicado a subministrar información oportuna, específica, relevante e fiable aos políticos e aos cidadáns, co fin de apoiar o desenvolvemento sostible e de contribuír a conseguir melloras significativas e cuantificables do medio ambiente en Europa.

    Contén noticias e informes ordenados por data de publicación

  • European Environment Information and Observation Network. EIONET www.eionet.eu.int

    Rede Europea de Información e Observación do Medio Ambiente, da Axencia Europea de Medio Ambiente (AEMA). É unha rede de organismos que, no ámbito europeo, colaboran no subministro da información que precisan os Estados Membros e a Comisión da Unión Europea para adoptar as medidas necesarias de protección do medio ambiente.

    Contén información organizada temáticamente, servizos de busca avanzada e multilingüe, sistemas de recuperación de información, directorios, bases de datos, informes de medio ambiente, entre outros.

  • Institute for European Environmental Policy www.ieep.org.uk

    Centro independente e influinte no análise e no desenvolvemento de políticas que afectan ao medio ambiente de Europa. Emprende traballos de investigación e asesoramento no desenvolvemento, implementación e avaliación de políticas relacionadas co medio ambiente en Europa.

    Contén una descrición das actividades do instituto así como reportaxes que se poden descargar.

  • The Caribbean Conservation Association. CCA www.ccanet.net

    Organización que traballa no desenvolvemento e implementación de políticas, programas e prácticas, as cales contribúan a unha xestión sostible das rexións naturais e recursos culturais.

    Contén información sobre a asociación, proxectos, novas, así como ligazóns coas páxinas web dos membros.

  • The World Conservation Union. IUCN www.iucn.org

    Organismo de carácter internacional, que conforma a maior alianza de organizacións e individuos, que traballa por asegurar o uso equitativo e sostible dos recursos naturais en beneficio dos seres humanos; promovendo así, o desenvolvemento sostible de todos os pobos do mundo.

    Contén noticias, publicacións, información sobre os seus membros, sobre o seu traballo en conservación de especies, equidade e economía, ecosistemas, e outros temas de actualidade como cambio climático.

  • United Nations Environment Programme World Conservation Monitoring Centre. UNEP-WCMC www.unep-wcmc.org

    Organización que proporciona información sobre a biodiversidade o mesmo tempo que actúa como apoio na política de conservación da vida en todo o planeta.

    Contén unha librería virtual, base de datos, e permite a descarga de documentos interesantes.

  • World Resources Institue. WRI www.wri.org

    Comité de expertos en medio ambiente, que vai máis alá da investigación para crear camiños prácticos que favorezan a protección do planeta e melloren a vida das persoas. A súa misión é promover o desenvolvemento sostible.

    Contén noticias, información sobre temáticas como son agricultura e alimentación, cambio climático, enerxía e transporte, ecosistemas costeiros, forestais... permitindo tamén a descarga de documentos.

  • WWF/Adena www.wwf.es

    Sección española dunha das maiores e máis eficaces organizacións mundiais e independentes dedicadas á conservación da natureza.

    Contén información sobre os programas que está a realizar, así como dos grupos que operan en toda España; ademais de permitir o acceso as súas publicacións.

Voltar arriba

Categoría: Conservación en xeral, Estatais

  • España. Dirección Xeral para a Biodiversidade www.mma.es/conserv_nat/presentacion

    A Dirección Xeral para a Biodiversidade realiza funcións relativas á conservación da biodiversidade a ao desenvolvemento sostible do monte. Desenvolve distintas liñas de traballo que teñen como obxecto a consecución e posta a disposición de datos e información sobre o estado, evolución e as tendencias da natureza española, que comportan a elaboración e actualización de diferentes inventarios, censos e estatísticas. Igualmente está a cerrar distintas estratexias e plans de conservación.

Voltar arriba