Mareas negras | CEIDA

Mareas negras

Categoría: Mareas negras

Voltar ao Directorio

Categoría: Mareas negras, Estranxeiros

  • Centre de Documentation de Recherche et d'Expérimentations sur les Pollutions Accidentelles des Eaux. Cedre www.le-cedre.fr

    Centro responsable, a nivel estatal, da documentación, da investigación e dos experimentos que concirnen aos produtos contaminantes vertidos no mar, os seus efectos e os métodos e medios especializados para combatelos.

    Contén datos sobre diferentes accidentes marítimos que desencadearon unha marea negra, por exemplo a do Prestige (Galicia).

  • Government of Canada. Environment www.ec.gc.ca/regeng.html

    Organismo oficial que ofrece información sobre o medio ambiente en Canadá.

    Contén unha sección de publicacións que inclúe bibliografía, bases de datos, etc. E tamén facilita información meteorolóxica sobre Canadá.

  • Ifremer www.ifremer.fr

    Instituto francés para a explotación do mar. Trátase dun organismo público de investigación mariña.

    Contén información sobre a súa misión, programas, produtos, flota e actualidade oceanográfica. Ten unha sección adicada ao Prestige.

  • Mare Noire www.mareenoire.info

    Páxina web francesa que contén bastante información sobre as mareas negras. Ofrece tamén un banco de imaxes con 364 fotografías da marea do Erika.

  • Marinet, Foro de Investigaciones Marinas tierra.rediris.es/marinet/index.htm

    Foro de discusión e difusión do medio ambiente e investigacións mariñas de ámbito iberoamericano. Ten como obxectivo fundamental propiciar a interacción electrónica entre persoas interesadas en preservar o medio ambiente mariño e profesionais de Universidades, Organismos Públicos de Investigación, empresas, entidades e institucións públicas e privadas adicadas á xestión e investigación do mar.

    Contén enlaces a diferentes organismos, información sobre diversos proxectos de investigación, así como tamén permite a subscrición ao foro.

Voltar arriba

Categoría: Mareas negras, Estatais

  • Instituto Español de Oceanografía www.ieo.es/index.htm

    Organismo público de investigación que depende do Ministerio de Educación e Ciencia. O seu campo de actividade é o estudo do mar e dos seus recursos.

    Contén información sobre a súa historia, actividades, centros de investigación, proxectos e documentos.

  • Millenarium, Ingeniería Civil y Medio Ambiente www.miliarium.com/Monografias/MareasNegras/Welcome2.asp

    Portal de referencias para a Inxeñería Civil, Construcción e o Medio Ambiente. Ofrece unha ampla variedade de servizos de valor engadido de utilidade para o desenvolvemento da actividade de profesionais, empresas e grandes colectivos destes sectores, tanto no ámbito nacional como latinoamericano.

    Contén información sobre mareas negras como as técnicas de limpeza, normativa e lexislación, etc.

Voltar arriba

Categoría: Mareas negras, Marea negra do Prestige (Galicia)

  • Casa das Ciencias de A Coruña www.casaciencias.org/Aquarium/prestige

    Museos Científicos Coruñeses son un Servicio do Concello de A Coruña. O seu obxectivo é a divulgación, comunicación e educación científica e tecnolóxica dos cidadáns de todas as idades.

    Contén un especial sobre o Prestige con información sobre o Aquarium Finisterrae durante a catástrofe, ademais de fotos e documentos.

  • Centro de Control do Medio Mariño www.ccmm-prestige.cesga.es

    Sitio web administrado polo Centro de Control do Medio Mariño e a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Pretende informar da situación do vertido ocasionada polo petroleiro Prestige.

    Contén información meteorolóxica, sobre a evolución da marea negra, banco de imaxes, lexislación, etc.

  • El Mundo www.elmundo.es/especiales/2002/11/ecologia/prestige

    Sección especial da web do diario adicada á catástrofe do Prestige.

    Contén gráficos, fotos, información xeral sobre a catástrofe.

  • El País www.elpais.es/especiales/2002/galicia

    Sección especial da web do diario adicada á catástrofe do Prestige.

    Contén información sobre voluntariado, manuais de loita contra a contaminación, fotografías.

  • Fisterra.com www.fisterra.com/prestige/prestige.htm

    Web médica independente dedicada especialmente a profesionais de Atención Primaria e orientada á consulta e á formación.

    Contén informes sanitarios dos efectos dos hidrocarburos sobre a saúde. Permite tamén o acceso a informes técnicos do CSIC relacionados co vertido do Prestige. Ligazóns a institucións tanto españolas como internacionais relacionadas co mar, por exemplo o Cedre francés.

  • Fundación Arao fundacionarao.xunta.es

    Organización de natureza fundacional declarada de interese galego, constituída sen ánimo de lucro. Ten como obxecto canalizar e xestionar as axudas concedidas de forma altruísta para paliar os efectos do afundimento do petroleiro Prestige.

    Contén información sobre o seu plan de actuacións, sobre o accidente, proxectos aprobados, etc.

  • Fundación CETMAR, Centro Tecnolóxico do Mar www.cetmar.org

    Centro de natureza fundacional e promovido pola Xunta de Galicia e polo Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía. Creado co fin de fomentar e canalizar a conexión entre os axentes de I+D e a industria do mar.

    Contén unha guía de recursos, novidades e información sobre as mareas negras.

  • Ifremer www.ifremer.fr/envlit/prestige/indexsp.htm

    Instituto francés para a explotación do mar.

    Contén información referente ao fuel transportado polo petroleiro Prestige.

  • Instituto de Investigacións Mariñas - CSIC www.iim.csic.es/Prestige/Prestige.html

    Instituto pertencente ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), como laboratorio costeiro dependente do Instituto de Investigacións Pesqueiras de Barcelona.

    Contén, na páxina principal, unha sección de publicacións relacionadas co mar. Nesta ligazón atópase información sobre o Prestige. Tamén inclúe datos, opinións, voluntariado, contactos, así como unha serie de ligazóns sobre o afundimento do petroleiro.

  • La Voz de Galicia www.lavozdegalicia.es/especiales/prestige

    Sección especial da web do diario adicada á catástrofe do Prestige.

    Contén información sobre diferentes aspectos relacionados co desastre como a resposta social, responsabilidades políticas, plan Galicia, catástrofe ecolóxica... Tamén contén fotos da evolución da marea negra, novas, documentación.

  • MOHID, Modelling Water Resources www.mohid.com/Prestige/Simulations_Gallery.htm

    Mohid é un sistema de modelado tridimensional desenvolto por MARETEC (Centro de Investigación Mariña e Ambiental de Tecnoloxía) e o Instituto Técnico Superior (IST) pertencente á Universidade de Lisboa.

    Contén imaxes dinámicas da evolución do vertido do buque Prestige entre os días 11 de novembro ao 12 de decembro.

  • Plataforma cidadá Nunca Mais www.plataformanuncamais.org

    Organización que aglutina, dende a catástrofe do Prestige, a resposta cidadá ao desastre ecolóxico e á xestión levada a cabo polos diferentes gobernos responsables.

    Contén novas, documentos e un foro de debate.

  • Universidade de Oviedo www10.uniovi.es/prestige

    Páxina web creada como medio de información cidadá sobre o alcance do vertido do Prestige e o seu impacto futuro na costa. Reflexa aqueles coñecementos críticos na análise dos impactos ecolóxicos xerados polo vertido de hidrocarburos, o seu significado económico e social, e a posible evolución e rexeneración dos ecosistemas afectados.

  • Universidade de Vigo webs.uvigo.es/c04/webc04/prestige/prestige.htm

    Este sitio web da Universidade de Vigo naceu co obxectivo de recoller, de forma rigorosa e obxectiva, información técnica e científica sobre a marea negra producida polo Prestige. Pasado o tempo da marea negra, este espacio web mantense como memoria do acontecido.

    Contén datos sobre o accidente do petroleiro, informes, fotos...

  • Waste magazine on-line waste.ideal.es/mareanegra.html

    Revista electrónica de divulgación ambiental e científica.

    Contén información sobre o vertido do petroleiro Prestige, ademais de fotografías da catástrofe e gráficos.

  • WWF/Adena www.wwf.es/prestige.php

    Sección española dunha das maiores e máis eficaces organizacións mundiais e independentes adicadas á conservación da natureza.

    Contén información da catástrofe do Prestige, cunha galería de imaxes e novas.

  • Xunta de Galicia www.xunta.es/periodico/prestige/prestig.htm

    Web institucional da Xunta de Galicia.

    Contén un histórico de informacións sobre a o accidente do petroleiro Prestige.

Voltar arriba