O CEIDA, a través do seu Centro de Documentación Ambiental, organiza o ciclo de cine ambiental e solidario Butaca Verde para concellos.
Esta actividade oferta tres diferentes ciclos de cine ambiental, que as administracións locais poden solicitar en préstamo para desenvolver no seu termo municipal. So é preciso cubrir o formulario de inscrición e enviar ao CEIDA o documento de cesión temporal de documentais a través do fax 981 614 443 ou ao correo electrónico documentacion@ceida.org
Os documentais incluídos no ciclo de cine ambiental e solidario Butaca Verde, e que tentan abordar as principais problemáticas ambientais dos nosos días, son:
O CEIDA pon esta actividade á disposición dos concellos galegos para fomentar a realización de actividades de carácter ambiental por estas institucións e para intentar provocar na cidadanía a reflexión necesaria sobre o noso estilo de vida e a adopción de condutas diarias máis sostibles e responsables con nós e co planeta.
Butaca Verde é unha actividade de carácter gratuíto