Máis un ano, lanzamos desde o CEIDA, en colaboración co Instituto Jane Goodall a campaña de reciclaxe de móviles MOBILízate para protexer os ecosistemas africanos.
A explotación do coltán, un mineral que fai posible a tecnoloxía dos móbiles, ordenadores e consolas está no centro dos conflitos bélicos que producen milleiros de vítimas e refuxiados na República Democrática do Congo. A explotación mineira ilegal utiliza man de obra semiescravizada, destruíndo ademais os hábitats de moitas especies, coma o chimpancé e o gorila, en grave perigo debido á caza furtiva e a deforestación. En España soamente acaba sendo reciclado, e recuperado o coltán, o 5% de terminais móbiles.
MOBILízate é unha campaña para a recuperación e reciclaxe de móbiles coa que se pretende contribuír a reducir a demanda dos seus compoñentes e os problemas ambientais que ocasionan, reutilizar elementos útiles, tratar adecuadamente os materiais tóxicos e recadar fondos para os programas de educación e conservación que o Instituto Jane Goodall ten en marcha no Congo. Así mesmo MOBILízate é unha iniciativa que trata de difundir e apoiar o Centro de Recuperación de Chimpancés de Tchimpounga, dirixido pola veterinaria galega Rebeca Atencia, no que cada día son coidados e alimentados máis de 140 chimpancés orfos, rescatados da caza furtiva e a deforestación.
O CEIDA está a colaborar co Instituto Jane Goodall no ámbito de Galicia, lanzando esta campaña xunto a concellos que tras sumarse á iniciativa establecen puntos de recollida de móbiles en dependencias municipais e divulgan a campaña entre seus veciños e veciñas.
Para inscribir ao seu concello como entidade colaboradora da campaña póñase en contacto co CEIDA, a través do correo electrónico educacion@ceida.org, ou no teléfono 981 630 618. A participación non conleva ningún custo e o envío dos móbiles é gratuíto.
Concellos e entidades adscritas á campaña "Mobilízate pola Selva"
A CORUÑA
Concello de Negreira
Concello de Laxe
Concello de Cabana
Concello de Ares
Concello de Ortigueira
Concello de Ferrol
Concello de Ponteceso
Concello de Curtis
LUGO
Concello de Sarria
OURENSE
Concello de Piñor
PONTEVEDRA
Concello de Valga
Universidade de Vigo
Consulta os puntos de recollida