Matricula ordinaria: 90,00 €
Matricula para asociados a SGEA e NEREA-Investiga: 60,00 €
Matrícula para estudantes: 45,00 €
Participantes de fora da península ibérica poderán solicitar unha bolsa que de dereito a matrícula gratuita. Será necesario formular unha solicitude que consistirá no envío dunha carta fundamentada de motivación e intencións, xunto cun mini-curriculum, e cal e a institución ou grupo do que participa ou representa. Debe de ser enviada a secretaria.tecnica[arroba]ealusofono.org
O pagamento para participantes doutro países, para evitarlles os elevados custos de xestión bancaria internacional, poderá ser feito durante a acreditación dos participantes nos primeiros días no propio congreso.
Os participantes peninsulares deberán de facer efectivo pago mediante transferencia bancaria a seguinte conta corrente: 2080 0537 90 0040001271 (Caixa Nova) (CODIGO IBAN: ES12 2080 0537 9000 4000 1271 CÓDIGO BIC: CAVIES2V), debendo indicar no concepto: “matrícula ealusofono de [nome + primeiro apelido]”. Posteriormente debe de mandar un fax coa confirmación do pagamento ao número 981 614 443 onde debe de verse claramente o concepto e o nome do pagador. No caso de que o participante opte por algún dos tipos de matricula reducida (sgea/nerea/estudante) debe mandar no fax copia do documento acreditativo da súa condición de socio destas redes ou estudante.
|