Novidades | CEIDA

Novidades

Programa de Educación Ambiental "Coidando o Noso Mar"

12 Xaneiro, 2012 - 08:19

O CEIDA, en colaboración con Carrefour, pon en marcha un novo programa de educación ambiental, Coidando o Noso Mar, dirixido ao alumnado de 3º ciclo de primaria, secundaria e bacharelato, e cuxo obxectivo é potenciar o coñecemento do litoral e a súa conservación, resaltando a importancia do medio mariño, non só como fonte de recursos senón tamén como parte da nosa cultura. Máis información.

Acto 10º Aniversario do CEIDA

11 Xaneiro, 2012 - 08:26

O martes día 10 de xaneiro tivo lugar o acto para conmemorar os 10 anos de funcionamento ininterrompido do CEIDA, período que nos ten permitido consolidarnos como o centro de referencia en educación, información e divulgación ambiental de Galicia. Este acto, no que se presentou un balance das actividades levadas a cabo ao longo destes dez anos, estivo presidido por D. Ángel García Seoane - Alcalde de Oleiros, D. Agustín Hernández Fernández de Rojas - Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e D. José María Barja Pérez - Reitor da Universidade da Coruña. Ademais, a xornada contou coa presenza de diferentes responsables das Administracións Públicas, especialistas do mundo académico e membros da sociedade civil que patrocinaron, colaboraron ou participaron na organización das actividades levadas a cabo polo CEIDA neste período. Todas as fotos do evento, na nosa páxina de facebook

Exposición "Artistas de Oleiros 2011"

13 Decembro, 2011 - 11:43

Do 16 de decembro de 2011 ao 9 de xaneiro de 2012 o CEIDA acolle na súa sala de exposicións a mostra "Artistas de Oleiros 2011", unha proposta da Asociación Amigos de Oleiros. A exposición poderá visitarse de luns a venres, en horario de 10 a 14 h. e de 16 a 19 h., e sábados de 11 a 14 h. Máis información

VI Congreso Escolar dos Centros de Ensino da Coruña

15 Novembro, 2011 - 13:42

O CEIDA pon en marcha o VI Congreso de Educación Ambiental dos Centros de Ensino da provincia da Coruña "Espazos para Conservar. Defendamos o noso Patrimonio Natural", dirixido aos centros de educación secundaria, bacharelato e ciclos formativos da provincia da Coruña, e que terá lugar o 10 de maio de 2012. Máis información.

Exposición "A gran recolección"

7 Novembro, 2011 - 09:08

Do 2 de novembro ao 15 de decembro de 2011 o CEIDA acolle na súa sala de exposicións a mostra "A gran recolección", unha proposta dos artistas José Eugenio Mañas y Mª José Fernández que forma parte do proxecto TRANS-mutaciones, e que se atopa dentro do Outono Fotográfico organizado pola Xunta de Galicia. A exposición poderá visitarse de luns a venres, en horario de 10 a 14 h. e de 16 a 19 h., e sábados de 11 a 14 h. Máis información

V Xornadas da Paisaxe Cultural do Noroeste 2011: Corredores Verdes - PRAZAS ESGOTADAS

3 Novembro, 2011 - 10:29

Do 23 ao 26 de novembro de 2011 terá lugar no Pazo de Mariñán (Bergondo) as V Xornadas da Paisaxe Cultural do Noroeste: Corredores Verdes, organizado pola Diputación Provincial de A Coruña. Máis información

Xornada "Aforro e eficiencia enerxética no medio rural"

28 Outubro, 2011 - 15:58

O próximo 11 de novembro de 2011 terá lugar no Castelo de Santa Cruz (Oleiros) a xornada "Aforro e eficiencia enerxética no medio rural", organizada pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas–Betanzos e o CEIDA. Máis información

Curso teórico/práctico "Como deseñar actividades de educación ambiental para todas e todos: A discapacidade como oportunidade"

28 Outubro, 2011 - 09:59

Do 12 ao 14 de decembro de 2011 terá lugar na sede do CEIDA o Curso teórico/práctico "Como deseñar actividades de educación ambiental para todas e todos: A discapacidade como oportunidade", impartido por Isabel Fernández e María Antonia López, promotoras de Ambientarte SL. Máis información

1ª Carreira da Auga a favor da Campaña Gotas para Níger de UNICEF

10 Outubro, 2011 - 11:16

O vindeiro domingo 16 de outubro ás 10 h. no Paseo Marítimo (Casa da Cultura, Sada) terá lugar a 1ª Carreira da Auga, organizada polo Concello de Sada. Os fondos recadados destinaranse á campaña GOTAS PARA NÍGER, de UNICEF. As categorías dos corredores serán as seguintes: Carreira de nenos: ás 10 h., que percorrerán unha distancia de entre 100/700 metros. Prezo: 2€; Andaina popular: ás 11.15 h., cun percorrido de 2.800 metros. Prezo: 3€; Carreira adultos: ás 12 h., cun percorrido de 10.000 metros. Prezo: 3€ sen chip. A inscrición estará aberta ata o xoves 13 de outubro e poderá facerse para todas as categorías na web www.championchipnorte.com ou ben en Decathlon Oleiros. Cartel divulgativo

Exposición "O Son das Buguinas"

30 Setembro, 2011 - 07:57

Do 4 ao 29 de outubro de 2011 o CEIDA acolle na súa sala de exposicións a mostra "O Son das Buguinas", producida pola ONG galega Implicadas no Desenvolvemento. A exposición poderá visitarse de luns a venres, en horario de 10 a 14 h. e de 16 a 19 h., e sábados de 11 a 14 h.Máis información.