Áreas Mariñas Protexidas | CEIDA

Áreas Mariñas Protexidas

Foto da actividad

Do 31 de xaneiro ao 14 de febreiro no IES María Sarmiento (Viveiro).

Durante séculos os seres humanos vimos servíndonos sen miramentos dos recursos que o mar nos ofrece, tanto extraendo alimentos e materiais como aproveitándonos do seu "ilimitado" poder de asimilación de residuos (vertidos, mareas negras, productos químicos, etc.). Ao principio a degradación das augas foi lenta e silenciosa. Hoxe alcanzou unha magnitude alarmante. Nos últimos anos unha gran variedade de acordos a escala internacional veñen recoñecendo a necesidade de protexer os ecosistemas mariños. Na actualidade as Áreas Mariñas Protexidas (AMPs) son unha das principais ferramentas de xestión das pesqueiras, ao que se engade a súa importancia na conservación da biodiversidade.

O CEIDA e Fundació Territori i Paisatge produciron esta exposición coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Características da exposición:
(medidas largo x ancho x alto)

  • 23 paneis 100 cm ancho x 200 cm alto con soportes propios
  • Módulo audiovisual
    • Moble (Mesa soporte): 85 x 48 x 81
    • TV LCD 27’’: 90 x 28 x 61
    • Reproductor DVD
    • Audiovisual “Áreas Mariñas Protexidas” Duración: 19 minutos.
  • 2 módulos interactivos
    • 2 mobles: 65 x 47 x 87 cada un
    • 2 PCs
    • 2 pantallas planas
  • 2 displays troquelados: 100 x 50 x 150 cada un
  • 4 puffs de goma espuma: 70 x 70 x 70 cada un

Fotos

Ir á páxina da exposición

Itinerancia ao longo do ano 2011