Áreas Mariñas Protexidas | CEIDA

Áreas Mariñas Protexidas

Foto da actividad
  • Datas: do 3 ao 21 de setembro de 2007
  • Produce: CEIDA e Fundació Territori i Paitsatge
  • Patrocina: Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos
  • Contido:
    • 24 paneis de diferentes temáticas: os recursos e ameazas do medio mariño e litoral, a pesca en Galicia e as Áreas Mariñas protexidas como ferramentas para unha xestión das pesqueiras e para a conservación da biodiversidade do medio mariño
    • un audiovisual con imaxes da costa galega e entrevistas a diferentes persoas do sector pesqueiro
    • dous PCs con programas interactivos
    • 6 puffs de goma espuma con ilustración de animais e plantas da costa galega
    • dous displays troquelados, nos que se representa en profundidade o fondo mariño, un dun mar ben conservado e no outro un mar explotado e degradado.

Durante séculos os seres humanos vimos servíndonos sen miramentos dos recursos que o mar nos ofrece, tanto extraendo alimentos e materiais como aproveitándonos do seu "ilimitado" poder de asimilación de residuos (vertidos, mareas negras, productos químicos, etc.). Ao principio a degradación das augas foi lenta e silenciosa. Hoxe alcanzou unha magnitude alarmante. Nos últimos anos unha gran variedade de acordos a escala internacional veñen recoñecendo a necesidade de protexer os ecosistemas mariños. Na actualidade as Áreas Mariñas Protexidas (AMPs) son unha das principais ferramentas de xestión das pesqueiras, ao que se engade a súa importancia na conservación da biodiversidade.