Enarborar o bosque | CEIDA

Enarborar o bosque

Foto da actividad
  • Datas: Do 22 ao 31 de agosto de 2011
  • Autores: Varios autores
  • Colabora: CEIDA. Apoia: Federación Ecoloxista Galega (FEG)
  • Organiza: Delio Sánchez e ARTEU

Exposición colectiva de 59 artistas que conta con parte das obras realizadas durante a Xornada de Arte Reivindicativa ao Aire Libre na Carballeira de Chaián, que tivo lugar o pasado 5 de xuño de 2011. Nela se recollen distintas obras de pintura, fotografía, escultura e escrita.

“Enarborar o bosque” é un acto simbólico promovido polos artistas plásticos e visuais Deli Sánchez e os compoñentes do colectivo arTeu, Xacobe Meléndrez e Inma Doval, para facer un chamamento á valoración dos nosos bosques e reivindicar a sua protección frente á rapiña das talas abusivas realizadas por particulares, comunidades, institucións e empresas madereiras, que con total impunidade talan árbores autóctonas moitas veces centenarias e senlleiras e as substitúen por outras especies como o eucalipto e o piñeiro, ou simplemente as deixan a monte, sen a aplicación do proxecto de reforestación preceptivo. Unha exposición que reivindica o valor dos nosos recursos forestais e a necesidade de protexelos.