Exposición de fotografía científica cun enfoque multidisciplinar.
Impulsada dende o Decanato da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, a exposición pretende dar a coñecer as belas imaxes que derivan das investigacións da facultade. As fotografías representan un conxunto gráfico de coñecementos que os investigadores no campo da bioloxía souberon captar no desenvolvemento do seu traballo.
Grazas ás cámaras e microscopios, os biólogos poden captar estruturas e organismos que doutra forma non se poderían observar. A ciencia e a tecnoloxía unidas ofrecen imaxes inigualables, dunha beleza extrema que representan o mundo microscópico que subxace ao que normalmente coñecemos.
Horario:
Sala de exposicións do CEIDA. Castelo de Santa Cruz (Oleiros)