Esquecidos por Noé | CEIDA

Esquecidos por Noé

Foto da actividad
  • Datas: do 2 ao 15 Outubro de 2003
  • Autores: Museo Nacional de Ciencias Naturales e Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC)
  • Organiza: Obra Social de Caixa Galicia, Concello de Oleiros e CEIDA
  • Contido:

    Paneis sobre a orixe, evolución e hábitats de mamíferos extintos e dos xacementos da Península Ibérica. 6 reproduccións anatómicas de mamíferos do Neóxeno. 4 vitrinas adicadas a alimentación, locomoción, astados e cornamentas.

A desaparición dos dinosauros sobre a Terra deu lugar a unha gran expansión de mamíferos que permaneceron ata os nosos días. Esta exposición centrase naqueles mamíferos, xa extinguidos, que poboaron a Península Ibérica antes da presencia humana. Grazas os xacementos e escavacións foi posible facer reproduccións dos hábitats dos mamíferos que vivían fai cerca de 20 millóns de anos. Esta exposición conta con espectaculares reproduccións anatómicas tridimensionais dalgúns dos mamíferos extinguidos, permitindo comprobar as diferencias e semellanzas que existen entre as especies xa extinguidas e as actuais.