
NOTA DO AUTOR
O proxecto GALICIA nace dunha reflexión sobre o tempo - o meu tempo - que me levou a pensar no pasado para facer o presente e ten dúas vertentes moi delimitadas: unha xira en torno ás emocións, por onde entraron conscientemente e en desorden unha serie de imaxes fotográficas que tiven que ordear para poñer a proba a miña actualidade, desde a última fotografía realizada no Atlántico - augamar- ata o meu primeiro baño nun río - zapatóns -.
A outra vertente é de carácter antropolóxico e ambiental, é máis paseo que pesquisa, disposto a recuperar as perdas dunha inminente ruína xeográfica, ten que ver coa forma de comunicarme co territorio. É o océano onde desemboca o río.
Santi Barreiros, maio 2011.
Descrición
Colección de 14 fotografías
Horario de visita
De luns a venres, de 10 a 14 h. e de 18 a 21 h.
Sábados, de 11 a 14 h.
Entrada de balde