Exposición itinerante sobre o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia | CEIDA

Exposición itinerante sobre o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

Foto da actividad
  • Datas: Dende o 11 de decembro de 2007 e ata finais de xaneiro de 2008
  • Autores: Parque Nacional Marítimo- Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia
  • Organiza: CEIDA
  • Contido:

    1 plotter de presentación con fotos do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Un panel panorama 230x300 que representa un corte transversal dunha illa, coa súa parte terrestre, mariña e zoa intermareal, e os seus ecosistemas principais, incluindo as especies de flora y fauna máis representativas. 5 paneis 100x150 sobre os seguintes apartados: Presentación e ubicación do Parque, Medio mariño, Aves mariñas, Historia e cultura, Conservación e xestión. 1 moble-mesa con preguntas interesantes sobre o Parque Nacional, coa resposta debaixo dunha solapa. 3 maquetas e un pequeño panel sobre embarcacións tradicionais utilizadas no entorno do Parque Nacional. 1 pequeño panel sobre artes tradicionais de pesca e marisqueo y una mostra de tres artes (unha nasa, unha raña e un espello) utilizadas no entorno do Parque Nacional.

A mostra da exposición itinerante sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia ten como obxectivo a divulgación dos valores naturais e culturais do Parque Nacional, o achegamento da natureza aos cidadáns e a concienciación da poboación na conservación da natureza. Para conservar os valores que motivaron a declaración das Illas Atlánticas de Galicia como un dos 14 Parques Nacionais españois e o único galego, é necesario que a sociedade coñeza os citados valores naturais e culturais e comprenda as razóns polas que é necesaria a súa protección, e nese marco encádrase a exposición.