Exposición Voz Natura | CEIDA

Exposición Voz Natura

Foto da actividad
  • Datas: do 15 de outubro e ata finais de novembro de 2007
  • Autores: Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre
  • Organiza: Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e CEIDA
  • Contido:

    5 paneis que repasan os acontecementos máis destacados desta década e os pormenores de cada unha das edicións pasadas xunto con 10 carpetas con ilustracións que recollen os traballos máis destacados de cada edición

Con esta exposición conmemórase o décimo aniversario do programa Voz Natura. Nestes dez anos participaron máis de 200.000 rapaces, que traballaron en 1.425 proxectos de recuperación de espazos degradados, limpeza de ecosistemas, reforestacións, plantacións e actividades de concienciación, entre outras. Os resultados dos seus traballos son visibles en calquera curruncho da xeografía galega.
Voz Natura é un programa de educación ambiental posto en marcha pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre no curso 1997/1998. O seu obxectivo é implicar á comunidade escolar na recuperación e defensa da natureza galega.