Exposicións actuais | CEIDA

Exposicións actuais

IX Certame Fotografía Ambiental. Concello de Arteixo

  • Datas: Do 10 de xaneiro ao 25 de febreiro de 2012
  • Autores: Varios autores
  • Produce: Concello de Arteixo
Descrición O Certame de Fotografía é unha inciativa do Dpto. de Medio Ambiente do Concello de Arteixo que pretende a participación da cidadanía para rexistrar todos aqueles aspectos, tanto positivos como negativos do ambiente no termo municipal de Arteixo. Ademais, o certame pretende que cada fotografía teña unha función educativa en todos os cidadáns, incitando á reflexión e sensibilización e a crítica construtiva sobre os actos cotiás, tanto individuais e colectivos. Esta exposición recolle varias das fotografías galardonadas e participantes neste certame na súa IX edición, correspondente ao ano 2011. Horario de visitas De luns a venres, de 10 a 14 h. e de 16 a 19h., e sábados de 11 a 14 h.