Exposicións anteriores | CEIDA

Exposicións anteriores

Artistas de Oleiros 2011

Do 16 de decembro de 2011 ao 9 de xaneiro de 2012

Artistas de Oleiros 2011

Artistas de Oleiros 2011 é unha mostra que reúne as obras de trinta e dous artistas vinculados dalgún xeito ao Concello de Oleiros e que utilizando diferentes técnicas amosan ao espectador a súa creatividade. Neste ano 2011 a exposición está adicada a Luisa Villalta, que deixou no recordo de moitos os seus poemas e que tivo un espazo significativo na II Edición de Artistas de Oleiros. [Máis]

La Gran Recolección

Do 2 de novembro ao 15 de decembro de 2011

La gran recoleccion

La Gran Recolección é unha proposta dos artistas albaceteños José Eugenio Mañas y Mª José Fernández que forma parte do proxecto TRANS-mutaciones, cuxo obxectivo é reflexionar sobre o desafío constante que o home fai á natureza, contrapoñendo o natural ao artificial, e viceversa. Nela reúnense obras de 60 artistas nacionais e internacionais que se uniron ao proxecto fotografando diferentes especies vexetais e manipulándoas. Estas especies foron inventadas e son produto do xogo, invitando a pensar na perpetua recombinación posible da natureza. [Máis]

O Son das Buguinas

Do 4 ao 29 de outubro de 2011

O Son das Buguinas é unha exposición sobre a tsunami que asolou o surleste asiático no ano 2004. Céntrase no distrito de Karaikal, India, onde a ONG galega Implicadas no Desenvolvemento emprendeu un proxecto de axuda humanitaria de emerxencia que derivou nun proxecto de desenvolvemento que continúa na actualidade. [Máis]

Golfo de Fonseca: a loita por un futuro sostible

Do 1 ao 30 de setembro de 2011

Exposicion Golfo de Fonseca

A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) e Amigos da Terra comezaron no ano 2009, a través dun convenio de colaboración, un proxecto de sensibilización cidadá que permitira dar a coñecer en Galicia o traballo que a asociación ecoloxista leva a cabo no Golfo de Fonseca. [Máis]

Enarborar o bosque

Do 22 ao 31 de agosto de 2011

Enarborar o bosque

Exposición colectiva de 59 artistas que conta con parte das obras realizadas durante a Xornada de Arte Reivindicativa ao Aire Libre na Carballeira de Chaián, que tivo lugar o pasado 5 de xuño de 2011. Nela se recollen distintas obras de pintura, fotografía, escultura e escrita. [Máis]

Unha ollada ao natural

Do 23 de xuño ao 20 de agosto de 2011

A exposición recolle vinte cadros que ofrecen aos visitantes pinceladas da biodiversidade de Galicia: aves, mamíferos, anfibios, fungos, plantas, e árbores representados pola súa man profesional, unha escolma das ilustracións feitas para guías de natureza e outros libros da mesma temática. [Máis]

FOTORAPA10: II Concurso de Fotografía "Rapa das Bestas de Sabucedo 2010"

Do 3 de maio ao 23 de xuño de 2011

FotoRapa10

O cabalo está na vida do home dende sempre. Está nas nosas vidas. Está en todo, como presenza viva ou como símbolo. Mais en Sabucedo o cabalo desborda toda referencia mitolóxica ou literaria. En Sabucedo é un animal próximo, tanxible, que vive en manadas no alto dos montes. Nunha cantidade variable, que pode chegar ós seiscentos, son recadados unha vez no ano para participaren na Festa da Rapa que se vén celebrando dende hai séculos e que tén a súa orixe, entre a lenda e a historia, a partir dunha epidemia de peste que asolou a comarca. [Máis]

Os humidais galegos: As Brañas de Sada e Humidal de Punta Balea

Do 1 de marzo ao 30 de abril de 2011

A exposición Os humidais galegos pretende dar a coñecer dous pequenos humidais situados nas proximidades de dúas localidades en constante crecemento, Sada na provincia da Coruña, e Cangas na provincia de Pontevedra. Estes humidais ameazados por proxectos urbanísticos, problemas de contaminación, etc., amosan a realidade doutros moitos espazos naturais dispersos por todo o territorio galego. [Máis]

Antártida e Cambio Climático

Do 2 ao 28 de febreiro de 2011

Antartida Carlos Caraglia

O principal obxectivo da exposición fotográfica deste fotógrafo galego é dar a coñecer as consecuencias do cambio climático, poñendo como exemplo o que está a suceder na Antártida, coa finalidade de espertar a conciencia da sociedade para que asuma un papel activo na solución aos problemas do quentamento global. Estas imaxes axudan a comprender a grandiosidade deste escenario de xeo, con paisaxes que parecen ilustracións dun conto de fantasía, entre inquietantes e monumentais. [Máis]

O Courel: Terra de Soutos

Do 17 de decembro de 2010 ao 31 de xaneiro de 2011

Courel

A serra do Courel atesoura un importantísimo patrimonio natural e etnográfico, froito dunha convivencia relativamente pacífica entre o home e a natureza desde tempos inmemoriais. Os seus bosques, aldeas, soutos, fauna, castros e flora son retratados nun intento de preservar esta riqueza para futuras xeracións mantendo o ambiente típico desta terra. [Máis]