Exposicións anteriores | CEIDA

Exposicións anteriores

Arte e natureza. Grupo Arou

Do 2 de decembro de 2008 ao 30 de xaneiro de 2009

Unha mostra que invita ao visitante a apreciar a arte latente na natureza e reflexionar sobre a necesidade da conservación [Máis]

O lobo en Galicia. Unha carreira por sobrevivir

Do 2 de decembro de 2008 ao 30 de xaneiro de 2009

Varios artistas galegos plasman nas súas obras (cadros, esculturas, fotografía, papiroflexia... ) a figura do lobo. [Máis]

Ollando a Lusofonía

Do 3 de setembro ao 15 de novembro de 2008

Os fotógrafos convidados a esta mostra son: António Luis Campos - Portugal Ricardo Franca - São Tomé e Príncipe Mário Jaleco - Angola - Moçambique Xacobe Meléndrez - Galicia Vitor Nogueira - Brasil Jorge Rosmaninho - Guiné Bissau Xulio Villarino - Cabo Verde Katia Silva - Timor Leste [Máis]

Fotógrafos da natureza. Wildlife photographer of the year 2008

Do 30 de xullo ao 30 de agosto de 2008

A exposición recolle as fotografías presentadas ao concurso anual Wildlife Photographer of The Year, organizado pola BBC e o Museo de Historia de Londres co patrocinio de Shell, que celebrou este ano a súa edición número trinta e catro. Aberto aos fotógrafos profesionais e afeccionados de todas as idades, pretende promover o crecente interese pola natureza e o medioambiente, converténdose no máis prestixioso certame mundial de fotografía da natureza do panorama internacional. Nesta edición recibíronse máis de 32.000 imaxes procedentes de 78 países. [Máis]

Un desexo, un país: Bolivia

Do 1 ao 26 de xullo de 2008

A mostra foi creada para apoiar economicamente á única muller mineira que traballa nas minas de prata do Cerro Rico de Potosí, en Bolivia. Nunha viaxe realizada por Bolivia no ano 2006, a autora, Xela S. Lariño, coñeceu á señora Balbina, viúva e con fillos que tivo que poñerse a traballar dentro da mina para sobrevivir. Este traballo destínase a financiar á señora Balbina e á súa familia. [Máis]

Rehabitando a Tinería

Do 3 ao 28 de xuño de 2008

Amosa as actuacións de rehabilitación que a Consellería de Vivenda e Solo está a levar a cabo no Barrio da Tinería –en pleno centro histórico de Lugo-. Recupérase así un valioso patrimonio arquitectónico desta parte da cidade. Trátase dunha contribución á conservación e á recuperación dun barrio que forma parte da historia da cidade, dende cuxas rúas se poden contemplar as torres da catedral e no que moitos dos seus edificios comparten espazo coa Muralla romana. [Máis]

O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción

Do 8 de abril ao 31 de maio de 2008

Moitas das actividades que realizamos na nosa vida cotiá provocan, directa ou indirectamente, emisións de gases de efecto invernadoiro, e por tanto contribúen a un dos principais problemas ambientais deste século: o cambio climático. A subida do nivel do mar, as vagas de calor, tormentas, inundacións, ...son algunhas das consecuencias, que por todo o planeta, provocara o cambio climático. Nas nosas mans está impedir que isto aconteza, pero, é preciso que todos os actores sociais se involucren na loita contra este fenómeno global. [Máis]

A natureza mariña galega

Do 9 de febreiro ao 7 de abril de 2008

A mostra recolle unha ampla colección de cranios e maxilares de diferentes cetáceos: maxilares inferiores dun Cachalote (Physeter macrocephalus), cranio de Rorcual alibranco (Balaenoptera acutorostrata), Candorca (Orcinus orca), Golfiño común (Delphinus delphis), cetáceo cosmopolita e o máis abondoso do planeta, Golfiño riscado (Stenella coeruleoalba), Negrón (Pseudorca crassidens), Arroaz boto (Grampus gris [Máis]

O límite da mar

Dende o 11 de decembro de 2007 e ata finais de xaneiro de 2008

Imaxe da exposición

O arco de costa comprendido entre cabo Prioriño (na entrada da ría de Ferrol) e a praia de Valdoviño goza dun estado de conservación incrible, sobre todo si temos en conta a proximidade de núcleos de poboación relativamente importantes e o uso intensivo que se fai da costa nos meses estivais. [Máis]

Exposición itinerante sobre o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

Dende o 11 de decembro de 2007 e ata finais de xaneiro de 2008

A mostra da exposición itinerante sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia ten como obxectivo a divulgación dos valores naturais e culturais do Parque Nacional, o achegamento da natureza aos cidadáns e a concienciación da poboación na conservación da natureza [Máis]