
Considérase que no mundo existen ó redor de 4.000 especies de mamíferos, incluíndo ó home. Dentro destas especies, encontramos un grupo que forma parte do ecosistema mariño. A maioría habita en mares e océanos, anque algunhas especies son de auga doce. A pesar da súa vida no medio mariño seguen conservando os caracteres xerais dos mamíferos, é dicir, son seres que manteñen unha temperatura corporal constante, respiran por medio de pulmóns e paren e amamantan as súas crías. [Máis]

Paneis nos que se fai un percorrido pola historia do suministro de auga potable á cidade da Coruña. Iniciase ca situación no S. XV ata o nacemento e evolución desta empresa. [Máis]

O autor destas fotografías reivindica unha visión máis artística da fotografía da natureza e non persigue o valor documental das imaxes senón o artístico. A mostra pertencen ao libro "La memoria del espejo" [Máis]

No ano 2004 o Día Mundial do Medio Ambiente estivo adicado os mares e océanos, baixo o lema "Se Buscan! Mares y Océanos - ¿Vivos o Muertos?". Con motivo deste día, o CEIDA realizou unha serie de actividades divulgativas entre a que está esta exposición. Nela, non so se amosa a riqueza e os recursos que nos ofrece o mar, senón tamén as principais problemáticas do medio mariño e a necesidade da súa conservación. [Máis]

Esta exposición, producida polo CEIDA, fai un percorrido polos distintos usos que tivo a Illa de Santa Cruz o longo da súa historia. Esta dividida en catro etapas fundamentais: A primeira etapa foi a construcción dun forte militar, a finais do século XVI, co fin de protexer a cidade da Coruña dos posibles ataques por mar. A mediados do século XIX, Xosé Quiroga constrúe un pazo na illa de Santa Cruz tras mercala en subasta. Este pazo foi a residencia veraniega de Quiroga e da súa muller, a celebre escritora, Emilia Pardo Bazán. [Máis]

A desaparición dos dinosauros sobre a Terra deu lugar a unha gran expansión de mamíferos que permaneceron ata os nosos días. Esta exposición centrase naqueles mamíferos, xa extinguidos, que poboaron a Península Ibérica antes da presencia humana. Grazas os xacementos e escavacións foi posible facer reproduccións dos hábitats dos mamíferos que vivían fai cerca de 20 millóns de anos. [Máis]

O concurso anual Wildlife Photographer of the Year está aberto a fotógrafos profesionais e afeccionados, converténdose no maior e mais prestixioso concurso do mundo. Nestas fotografías plasmase a pasión dos seus autores pola natureza e a súa preocupación por conservala. A exposición, admirada por millóns de persoas en todo o mundo, convertese en embaixadora da vida na Terra. Estas extraordinarias imaxes amosan a beleza, esplendor e diversidade do mundo natural, pero tamén denuncian as ameazas que esta a sufrir. [Máis]

O 13 de Novembro de 2002, o petroleiro Prestige sufriu un accidente fronte as costas galegas, provocando unha das maiores mareas negras. Federico García Cabezón reflexa nas súas fotografías a realidade dun tramo da costa galega, dende o cabo Roncudo ata o cabo Touriñán, durante os primeiros meses do verquido. A exposición comeza con 3 instantáneas que lembran o desastre do Mar Exeo, acontecido 10 anos antes. [Máis]

Esta exposición realiza un percorrido informativo polo Concello de Oleiros dende o punto de vista da defensa do medio e a sostenibilidade ambiental. [Máis]

O ciclo Superior de Ilustración da Escola de Artes "Pablo Picasso" está orientado á formación de profesionais capaces de interpretar unha historia ou concepto dándolle a representación gráfica máis axeitada, ou darlle forma final a un bosquexo suministrado por outra persoa, cunha técnica ou estilo gráfico concreto. Así esta exposición amosa o traballo dos alumnos, que tanto en acuarela como en óleo plasmaron a súa particular visión do Castelo e da Illa de Santa Cruz. [Máis]