Exposicións anteriores | CEIDA

Exposicións anteriores

As cores do mar de Galicia

Do 22 Xaneiro ao 22 Febreiro de 2003

Imaxe da exposición

Con esta exposición pretendese achegar ao público unha das meirandes fontes de riqueza: o mar. Galicia, cos seus case 1.500 Km. de costa, presenta unha grande variedade de espacios litorais. Esta grande riqueza en termos de biodiversidade e elevada productividade das nosas costas, proporciónanlles aos galegos unha incalculable cantidade de recursos económicos, pero apenas comenzamos a comprender a magnitude do seu potencial. [Máis]

Galicia en foco 2001

Do 8 ao 23 agosto de 2002

Los 7 Cristos del milenio y el nuevo arte sacro

Do 12 xullo ao 3 agosto de 2002

Sete visións realizadas dende o novo milenio, da imaxe de Cristo na cruz realizadas cunha técnica na que se mestura a pintura coa escultura. O autor utiliza obxectos encontrados que van dende madeiras vellas ata pedras pulidas polo mar ou ferros e outros metais procedentes de desguaces ou de derribos de obras.A mostra completase con 20 obras mais con temática igualmente relixiosa. [Máis]

RAMSAR. O valor das zonas húmidas de importancia internacional

Do 1 de Maio ao 5 de Xuño de 2002

A Convención sobre os Humedais, firmada en Ramsar, Irán, en 1971, é un tratado intergubernamental que sirve de marco para a acción nacional e a cooperación internacional en pro da conservación e uso racional dos humedais e os seus recursos. Hai actualmente 144 Partes Contratantes na Convención e 1.401 humedais, cunha superficie total de 122,8 millones de hectáreas, designados para ser incluidos na Lista de Humedais de Importancia Internacional de Ramsar. [Máis]

Galicia é un paraíso de biodiversidade

Do 1 de Maio ao 5 de Xuño de 2002

Imaxe da exposición

Esta exposición está composta por 10 paneis sobre soporte metálico a toda cor con textos explicativos e folletos de presentación, sobre a riqueza da biodiversidade do mar e da terra galega. [Máis]

Enerxías renovables

Do 1 de Maio o 5 de Xuño de 2002

Imaxe da exposición

Esta exposición está composta por 12 estandartes sobre pé metálico a toda cor con textos explicativos sobre as enerxías renovables e os seus proxectos de implantación [Máis]

Territorio Asháninka

Do 30 de Novembro ao 25 de Decembro de 2001

Imaxe da exposición

O territorio asháninka é unha rexión no centro de Perú que forma parte da Amazonia, a maior reserva ecolóxica do planeta. Estes nativos, custodios dun patrimonio universal, manteñen un modo de vida en equilibrio co medio dende hai mais de cinco mil anos.Na súa cultura, as ideas de cooperación e comunidade son esenciais, realizando moitas tarefas colectivamente. [Máis]