Condicións xerais para a cesión das exposicións | CEIDA

Condicións xerais para a cesión das exposicións

As condicións xerais para a cesión da exposición son as seguintes:

  1. O período normal de empréstito é de quince días (inclusive os días de traslado). Cabe a posibilidade de ampliar este período en función das necesidades da entidade solicitante e as posibilidades do calendario de empréstito.
  2. A cesión da exposición é totalmente gratuíta. Os portes de transporte, montaxe e desmontaxe corren a cargo da entidade que a solicite.
  3. Estas exposicións poden ser solicitadas por calquera centro de ensino, institución ou colectivo que leve acabo actividades de Educación e Divulgación Ambiental
  4. Para solicitar as exposicións deberase cumprimentar o formulario de solicitude. A reserva será por rigoroso orden de chegada da solicitude.
  5. As datas de entrega e devolución serán confirmadas polo CEIDA.
  6. O devolver a exposición facilitarase ao CEIDA a seguinte información:
    • Ficha de valoración cumprimentada
    • Tres fotografías da exposición unha vez montada
    • Publicidade da exposición (carteis, recortes de prensa, ...)
  7. A entidade solicitante será a responsable da exposición e no caso do deterioro da mesma deberá facerse cargo dos gastos de reparación.