
94 fotografías nas que se inclúen a totalidade das gañadoras e as consideradas como máis destacadas polo xurado do concurso BG Wildlife Photographer of the Year 2003.
O concurso anual Wildlife Photographer of the Year está aberto a fotógrafos profesionais e afeccionados, converténdose no maior e mais prestixioso concurso do mundo. Nestas fotografías plasmase a pasión dos seus autores pola natureza e a súa preocupación por conservala.
A exposición, admirada por millóns de persoas en todo o mundo, convertese en embaixadora da vida na Terra. Estas extraordinarias imaxes amosan a beleza, esplendor e diversidade do mundo natural, pero tamén denuncian as ameazas que esta a sufrir.
Documentos dispoñibles da exposición: