Fotógrafos da natureza. Wildlife photographer of the year 2008 | CEIDA

Fotógrafos da natureza. Wildlife photographer of the year 2008

  • Datas: Do 30 de xullo ao 30 de agosto de 2008
  • Patrocina: Caixanova e Concello de Oleiros
  • Contido:

    fotografías da diversidade da vida no planeta

A exposición recolle as fotografías presentadas ao concurso anual Wildlife Photographer of The Year, organizado pola BBC e o Museo de Historia de Londres co patrocinio de Shell, que celebrou este ano a súa edición número trinta e catro.
Aberto aos fotógrafos profesionais e afeccionados de todas as idades, pretende promover o crecente interese pola natureza e o medioambiente, converténdose no máis prestixioso certame mundial de fotografía da natureza do panorama internacional. Nesta edición recibíronse máis de 32.000 imaxes procedentes de 78 países.
A magnífica colección de imaxes desta exposición é o mellor expoñente do esplendor, drama e diversidade da vida no Planeta Terra. Os estilos e protagonistas das fotografías son moi variados, a plasmación abstracta da natureza, os retratos de animais, o comportamento máis íntimo dos seres vivos e, mesmo, o efecto do quecemento global.