FOTORAPA10: II Concurso de Fotografía "Rapa das Bestas de Sabucedo 2010" | CEIDA

FOTORAPA10: II Concurso de Fotografía "Rapa das Bestas de Sabucedo 2010"

Foto da actividad
  • Datas: Do 3 de maio ao 23 de xuño de 2011
  • Autores: Varios autores
  • Produce: Tono Arias
  • Patrocina: Secretaría Xeral para o Turismo, Xunta de Galicia
  • Colabora: Concellería de Medio Rural e Turismo do Concello da Estrada, Sabucedo Rapa das Bestas

O cabalo está na vida do home dende sempre. Está nas nosas vidas. Está en todo, como presenza viva ou como símbolo. Mais en Sabucedo o cabalo desborda toda referencia mitolóxica ou literaria. En Sabucedo é un animal próximo, tanxible, que vive en manadas no alto dos montes. Nunha cantidade variable, que pode chegar ós seiscentos, son recadados unha vez no ano para participaren na Festa da Rapa que se vén celebrando dende hai séculos e que tén a súa orixe, entre a lenda e a historia, a partir dunha epidemia de peste que asolou a comarca.

Una festa singular, de rango internacional, que convoca a unhas 20.000 persoas na primeira semana de xullo; festa na que se admiran as bestas, e que é coma se se humanizasen entre tanta xente, e admiran aos loitadores que se enfrontan a elas como nun xogo de forza e destreza.

O espectáculo adquire unha plasticidade singular. Por eso resulta tan atractivo non só para os espectadores senón para os fotógrafos. Esta exposición recolle as 23 traballos do III Concurso Internacional de Fotografía Rapa das Bestas de Sabucedo 2010.