Galicia Biodiversidade | CEIDA

Galicia Biodiversidade

  • Datas: Do 20 de xaneiro ao 7 de febreiro

Con esta exposición, promovida pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e a Obra Social “La Caixa” preténdese dar a coñecer a diversidade de ecosistemas, de especies e de variedades xenéticas que se conservan en Galicia e estimular a toma de conciencia sobre a importancia da conservación da biodiversidade máis próxima ao tempo que se fomentan actitudes responsables que favorecen a conservación da natureza.

Trece paneis e un DVD compoñen a mostra na que o visitante se familiariza coa gran diversidade de ambientes que debuxan a paisaxe única de Galicia que non se pode comprender sen a presenza humana desde hai milleiros de anos.