
A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) e Amigos da Terra comezaron no ano 2009, a través dun convenio de colaboración, un proxecto de sensibilización cidadá que permitira dar a coñecer en Galicia o traballo que a asociación ecoloxista leva a cabo no Golfo de Fonseca.
Nunha viaxe a Nicaragua, O Salvador e Honduras, os tres países que comparten a xestión e uso desa área xeográfica, varios reporteiros de AGARESO recolleron, en formato dixital e a través de entrevistas, os proxectos de pesca artesanal sostible que Amigos da Terra está a desenvolver nestes países.
A exposición Golfo de Fonseca engloba un total de 61 fotografías realizadas polo fotógrafo Carlos Puga, e reflexa as impresións e vivencias deste reporteiro durante a súa estancia.
Horario de visitas: de luns a venres, de 10 a 14 h. e de 16 a 19h., e sábados de 11 a 14 h.