La Gran Recolección | CEIDA

La Gran Recolección

Foto da actividad
  • Datas: Do 2 de novembro ao 15 de decembro de 2011
  • Autores: Varios autores
  • Organiza: José Eugenio Mañas y Mª José Fernández

La Gran Recolección é unha proposta dos artistas albaceteños José Eugenio Mañas y Mª José Fernández que forma parte do proxecto TRANS-mutaciones, cuxo obxectivo é reflexionar sobre o desafío constante que o home fai á natureza, contrapoñendo o natural ao artificial, e viceversa.

Nela reúnense obras de 60 artistas nacionais e internacionais que se uniron ao proxecto fotografando diferentes especies vexetais e manipulándoas. Estas especies foron inventadas e son produto do xogo, invitando a pensar na perpetua recombinación posible da natureza.

A manipulación constante da natureza, o territorio e a paisaxe, a través do impacto que o home está exercendo neles, desafiando as propias leis naturais, fai que prácticamente non existan espazos inmaculados. Por medio da inclusión e combinación de traballos visuais de diverso tipo, esta exposición plantexa de forma problemática esta cuestión, empregando como linguaxe a fotografía.

A mostra forma parte do ciclo expositivo Outono Fotográfico organizado pola Xunta de Galicia.

Artistas parcicipantes: Adrian Foulkes, Alexandra Muñoz, Amaya Bombín, Beatriz García Moreno, Belén Rodríguez Pazo, Clara Lozano Avilés, Daniel Salorio Simonet, Diego Alcalá, Eva María González González, Chenía, Félix Hernández, Isabel Martínez Valcárcel, Iván Bermejo Córdoba, Javier López del Cerro, Javier Sánchez, Javier Tuana, Jean Baptiste Van Den Heede, José Eugenio Mañas, José Félix López López, Juan Francisco Martínez Fuentes, Juan Manuel Pérez Castilla, Juani Ruíz Rodríguez, Juanjo Jiménez, Lola Alarcó, Lourdes Gallego Mañas, Lucía Gómez, Luís Gómez, Manolo Valmorisco, Manuela Martínez Romero, María Primo, María Dolores Mulá, María Ramos Bravo, Marian Venceslá, Marga David, Mª Carmen Moreno Fernández, Mª Jesús García Valera, Mª José Fernández Roldán, Maritype, Miguel Ángel González, Miguel Cabrera, Miguel Harguindey, Miguel González Ortiz, Miguel Martínez Souto, Mrximena, Natacha Carretero Canet, Noëlle Pérez Gómez, Pablo Martínez Caulín, Ruth de la Mano, Silvia Casado del Río, Silvia Molina Pantiga, Sira Ramírez Algarra, Sonia Mül, Teresa Preciado, Tomás Molina, Vicky García Moreno, Virginia Valero Picazo, Xacobe Meléndrez Fassbender, Yayo.

Horario de visitas: de luns a venres, de 10 a 14 h. e de 16 a 19h., e sábados de 11 a 14 h.