Esta exposición, producida polo CEIDA, fai un percorrido polos distintos usos que tivo a Illa de Santa Cruz ao longo da súa historia. Está dividida en catro etapas fundamentais: A primeira etapa foi a construción dun forte militar, a finais do século XVI, co fin de protexer a cidade da Coruña dos posibles ataques por mar. A mediados do século XIX, Xosé Quiroga constrúe un pazo na illa de Santa Cruz tras mercala en subasta. Este pazo foi a residencia veraniega de Quiroga e da súa muller, a célebre escritora, Emilia Pardo Bazán. Na terceira etapa o Castelo convértese nunha casa de colonias para orfos do exército tras a doación da illa por parte de Blanca Quiroga. Finalmente o Castelo pasa a ser a sede do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) tras a compra da illa polo Concello de Oleiros. Desta maneira o antigo forte militar converteuse nun forte de defensa e protección do medio ambiente.
Ver tríptico