
22 fotografías costeiras da ría de Ferrol.
O arco de costa comprendido entre cabo Prioriño (na entrada da ría de Ferrol) e a praia de Valdoviño goza dun estado de conservación incrible, sobre todo si temos en conta a proximidade de núcleos de poboación relativamente importantes e o uso intensivo que se fai da costa nos meses estivais.
Esta reliquia costeira apenas presenta áreas urbanizadas na zona de dominio marítimo terrestre, como é tan frecuente noutras partes da xeografía galega e peninsular. Debido a este "abandono" e a súa beleza natural é un claro obxectivo a urbanizar nun futuro inmediato nuns tempos nos que a cultura do formigón parece desplazar calquer consideración medioambiental.
Por este motivo Fran Nieto presentanos nesta exposición unha serie de 22 instantáneas tomadas nun periodo de varios anos, sempre en busca de luces e composicións especiais para as súas fotografías, e sobre todo, disfrutando cada día que pode dunha beleza en grave perigo de extinción si os cidadáns e as institucións non se implican na súa preservación.
Convencido de que é vital dar a coñecer este patrimonio para que o sintamos como noso e loitemos pola súa preservación, Fran Nieto transportanos os cantís, praias e recunchos que poderíamos perder si non nos preocupamos por conservalos.
O Autor
Fran Nieto é colaborador habitual de varias publicacións e dirixe na actualidade a revista de difusión nacional Naturaleza salvaje a través de la fotografía. É coautor de varios libros e membro activo da Asociación Española de Fotógrafos de Naturaleza (AEFONA). Ten gañados máis de 30 concursos fotográficos relacionados coa natureza. As súas fotos participaron en varias exposicións nacionais e ilustran libros, calendarios, folletos. Imparte clases o máis alto nivel de fotografía e de informática para fotógrafos. Mantén a páxina web www.frannieto.com donde mostra parte da súa labor como fotógrafo e docente e dónde é posible contactar con él para calquer cuestión.