Mares e océanos | CEIDA

Mares e océanos

Foto da actividad
  • Datas: do 4 ao 23 Xuño de 2004
  • Autores: CEIDA
  • Colabora: Consellería de Medio Ambiente, Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, Grupo GADISA, Fernando Fernández Lozano e Marcos López
  • Organiza: CEIDA
  • Contido:

    Vitrina con 39 cunchas de moluscos mariños e algúns exemplares de esponxas, cedidas por Fernando Fernández Lozano. Entre elas destaca un exemplar de Conus gloriamaris, cuncha prácticamente imposible de conseguir antes dos anos 60 xa que é de augas profundas e aínda moi codiciada polos coleccionistas. 2 vitrinas cunha pequena representación do algario do CEIDA, o cal consta de casi un centenar de algas recollidas durante todo o ano no intermareal que rodea a Illa de Santa Cruz. Vitrina con cráneos de distintas especies de mamíferos e aves mariñas presentes nas costas galegas. Vitrina con productos que se obteñen ou levan algún compoñente obtido do mar. Paneis con textos explicativos de cada unha das vitrinas. Exposición de 9 cadros de mamíferos mariños presentes nas costas galegas. Selección bibliográfica sobre mares e océanos pertencente o Centro de documentación do CEIDA

No ano 2004 o Día Mundial do Medio Ambiente estivo adicado os mares e océanos, baixo o lema "Se Buscan! Mares y Océanos - ¿Vivos o Muertos?". Con motivo deste día, o CEIDA realizou unha serie de actividades divulgativas entre a que está esta exposición. Nela, non so se amosa a riqueza e os recursos que nos ofrece o mar, senón tamén as principais problemáticas do medio mariño e a necesidade da súa conservación.