Metamorfose do Bosque Atlántico | CEIDA

Metamorfose do Bosque Atlántico

Foto da actividad
  • Datas: Do 5 de maio ao 5 de xullo de 2017
  • Autores: Pancho Castelo
  • Colabora: CEIDA, Concello de Oleiros, Deputación da Coruña, Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Descrición
Proxecto artístico que comezou fai cinco anos nos que Pancho Castelo se reinventa, dando un xiro aos máis de 25 anos da súa traxectoria de creación artística no mundo da pizarra, e comeza unha viaxe persoal á Natureza Vexetal máis primitiva e arraigada na súa contorna de Galicia, representada nos bosques atlánticos centenarios cheos de desbordante vexetación, os mil ríos que nos atravesan e as mil praias que nos deleitan coa súa bravura e salvaxismo.

O título 'Metamorfose do Bosque Atlántico' apunta á transformación natural da vexetación a partir de que morre e inicia unha viaxe polos diferentes canais (ríos, lagos, encoros, mar) transformándose polo efecto dos elementos (auga, vento, area, sal e, sobre todo, o efecto do tempo) cambiando a súa morfoloxía segundo o estado da metamorfose na que se atopa.

A exposición se divide en dous bloques segundo o lugar onde foi atopada a madeira: os bosques e as praias.

Con ela Pancho Castelo saca á luz o que permanecía oculto ou pasaba desapercibido para darlle unha segunda oportunidade e transformarlo definitivamente en algo diferente pero coa esencia do que xa era. É ahí cando entramos no Universo de Pancho que, grazas á súa destreza no tratamento dos diferentes materiais e á combinación que fai deles, expresa o seu mundo interior cheo de crítica, de reivindicación e mostra da Natureza humana, o que leva facendo ao logo de toda a súa carreira como creador artístico.

Traxectoria artística
Tras uns inicios creativos orientados ao ámbito da alta xoiería, Pancho Castelo adícase de forma exclusiva e profesional á escultura desde o ano 1996. Autodidacta e investigador na talla e o tratamento da pizarra e outros materiais, ao longo destes anos realizou innumerables exposicións individuais e colectivas, non só en Galicia e España, senón noutros países, como Portugal, Holanda, Italia, Suecia ou Estados Unidos, entre outros. A todas elas súmanse exposicións permanentes en diferentes ciudades españolas e numerosas pezas que forman parte de coleccións privadas en países como Brasil, Chile, Francia, Italia, Alemania ou Portugal.
Máis información: http://www.panchocastelo.com

Horario de visita
MAIO:
- Luns a venres, 9 a 14 h.
- Sábados, 11 a 14 h. e 16 a 19 h.
* Estará aberto tamén o venres 26 de 16 a 20 h. e o domingo 28 de 10 a 14 h.

XUÑO:
- Luns a venres, 10 a 14 h. e de 17 a 20 h.
- Sábados, 11 a 14 h. e 16 a 19 h.
* Estará aberto tamén o domingo 18 de 10 a 14 h.

Entrada de balde