A natureza mariña galega | CEIDA

A natureza mariña galega

Foto da actividad
  • Datas: Do 9 de febreiro ao 7 de abril de 2008
  • Produce: Sociedade Galega de Historia Natural, delegación de Ferrol
  • Organiza: Consellería de Peca e Asuntos Marítimos e CEIDA
  • Contido:

    Cranios e maxilares de cetáceos.
    Graxa de balea e espermaceti de cachalote.
    Reproducións de tartarugas.
    Mandíbulas de quenllas.
    Cranio completo de marraxo.
    Esqueleto completo de quenlla anguía e bocadoce.
    Peles de lobo mariño cincento e foca de capelo.
    Paneis.

A mostra recolle unha ampla colección de cranios e maxilares de diferentes cetáceos: maxilares inferiores dun Cachalote (Physeter macrocephalus), cranio de Rorcual alibranco (Balaenoptera acutorostrata), Candorca (Orcinus orca), Golfiño común (Delphinus delphis), cetáceo cosmopolita e o máis abondoso do planeta, Golfiño riscado (Stenella coeruleoalba), Negrón (Pseudorca crassidens), Arroaz boto (Grampus griseus), etc.

O visitante tamén se atopa con auténtica graxa de balea e espermaceti de cachalote, elaborados segundo métodos tradicionais. Os mamíferos mariños foron cazados durante décadas para aproveitar a carne e graxa.

A presenza de quelónidos mariños é algo habitual na costa galega. Achéganse procedentes do Caribe arrastrados pola corrente do Golfo, é unha longa viaxe chea de perigos, que inclúen as capturas accidentais e o lixo flotante, como plásticos ou descartes de redes, que flotan á deriva e causan unha grande mortaldade. Na exposición pode observarse unha Tartaruga mariña común (Caretta caretta ), que morreu enganchada nunha gran rede que flotaba á deriva, e unha reprodución de Tartaruga de coiro ( Dermochelys coriacea ), capturada accidentalmente por un barco de pesca, a especie máis grande dos océanos e unha das máis ameazadas do planeta.

Na mostra tamén se poden ver mandíbulas de quenllas onde se diferencian dentes adaptados a distintos tipos de alimentación. Destacan o cranio completo de Marraxo (Lamna nasus ), os esqueletos completos de Quenlla Anguía ( Chlamydoselachus anguineus ), e Bocadoce
( Hexanchus griseus ) así como pelexas de Momo e Quenlla boreal e aceites obtidos do procesamento do fígado de quenllas e peixes.

A presenza de lobos mariños nas costas galegas vén sendo habitual nos últimos anos, dúas peles de lobo mariño cincento e foca de capelo nos permiten observar as diferencias entre os patróns de coloración.

A exposición completase con varios paneis interpretativos que nos falan de diferentes aspectos relacionados coa súa bioloxía, distribuzón, status poboacional e as principais agresións que están a sufrir.

Documentos dispoñibles da exposición: