Cambio climático. O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción | CEIDA

Cambio climático. O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción

Foto da actividad
  • Produce: CEIDA e INEGA (Instituto Enerxético de Galicia)
  • Colabora: Consellería de Innovación e Industria (Xunta de Galicia), Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (Xunta de Galicia), Ministerio de Medio Ambiente, Alianza del clima e Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea
  • Contido:
    • Peso: 80 kg
    • 19 paneis de lona (200 x 100 cm)
    • Módulo “Emisión cero”:pila de combustible de hidróxeno
    • Módulo “E máis eu, cantas emisións podo evitar”:bicicleta + ordenador
    • Audiovisual
    • Folleto divulgativo
    • Caderno de actividades didácticas
    • Ata o 29 de xullo na Aula da Natureza de Cabo de Udra (Lugar de Cabo de Udra, Udra s/n, Beluso) do Concello de Bueu. Horario: de mércores a domingo de 10 a 13 h. e de 16 a 20 horas.

Moitas das actividades que realizamos na nosa vida cotiá provocan, directa ou indirectamente, emisións de gases de efecto invernadoiro, e por tanto contribúen a un dos principais problemas ambientais deste século: o cambio climático.

A subida do nivel do mar, as vagas de calor, tormentas, inundacións, ...son algunhas das consecuencias, que por todo o planeta, provocara o cambio climático. Nas nosas mans está impedir que isto aconteza, pero, é preciso que todos os actores sociais se involucren na loita contra este fenómeno global.

Tamén cabe dicir que a temática do cambio climático é complexa, e como consecuencia hai un gran descoñecemento sobre el por parte da cidadanía. Con esta exposición pretendese dar a coñecer a todos os galegos e galegas o problema ambiental do cambio climático, informando sobre as súas causas e consecuencias a nivel global e tamén en Galicia. Ademais intenta estimular a participación e reflexión dos visitantes propoñendo novos comportamentos comprometidos e accións positivas co clima que loiten contra o cambio climático e fomenten un desenvolvemento máis equilibrado, social e ambientalmente.

Esta exposición está baseada no proxecto CLARITY - Acción Educativa por el Clima- pretende contribuír ao coñecemento do fenómeno do cambio climático, as súas causas e as respostas que se están propoñendo para facerlle fronte. CLARITY, deseñada en formato CD, é unha ferramenta que facilita a centros educativos, asociacións culturais, concellos e calquera outra organización interesada, a montaxe de súa propia exposición sobre cambio climático e a organización de actividades relacionadas.

Esta é una exposición de empréstito. Se estás interesado en solicitar esta exposición debes estar de acordo coas condicións para a cesión e cubrir e enviar o formulario de solicitude.

Itinerancia ao longo do ano 2009

Documentos dispoñibles da exposición: