Operación Monarca | CEIDA

Operación Monarca

Foto da actividad

Do 10 ao 26 de marzo no IES Coroso Ribeira - Ribeira

Un dos fenómenos mais abraiantes que nos ofrece a natureza galega, é unha visitante de alén do Atlántico: a bolboreta Monarca, que voa miles de quilómetros coas súas fráxiles ás, cruza o mar e nos visita cada outono cun sixilo que non fai honra a semellante fazaña.

A chegada a Galicia desta bolboreta, espertou unha interesante iniciativa por parte do seu descubridor, o lepidopterólogo galego Eliseo H. Fernández Vidal, para poder obter máis datos sobre o arribo desta especie ás nosas costas: a Operación Monarca.

Este proxecto ten como obxectivo que cada vez máis persoas coñezan esta bolboreta e poidan informar das súas observacións, co fin de ter un coñecemento máis profundo da súa presenza en Galicia. Ademáis, pretende que as persoas alleas á lepidopteroloxía se interesen polo coñecemento deste marabilloso mundo e a súa conservación.

O CEIDA e a Deputación da Coruña produciron esta exposición.

Características da exposición:

  • A exposición conta con cinco paneis (900 KB) de 200 x 100 cm explicativos sobre como identificar a especie, a súa bioloxía, as súas migracións,...
    Panel 1
    A monarca, un bo xinete que cabalga polo mundo
    Panel 2
    Case corenta anos para descubrir o lugar de invernada das
    monarcas da costa oeste norteamericana
    Panel 3
    Á monarca sáenlle imitadoras
    Panel 4
    A monarca: unha viaxeira incansable
    Panel 5
    A migración e a vida da monarca
  • Dossier (700 KB) informativo
  • Tríptico da exposición

Esta é una exposición de empréstito. Se estás interesado en solicitar esta exposición debes estar de acordo coas condicións para a cesión e cubrir e enviar o formulario de solicitude.


Itinerancia ao longo do ano 2010

...e se ves á bolboreta Monarca podes participar no Proxecto Monarca