Os humidais galegos: As Brañas de Sada e Humidal de Punta Balea | CEIDA

Os humidais galegos: As Brañas de Sada e Humidal de Punta Balea

Foto da actividad
  • Datas: Do 1 de marzo ao 30 de abril de 2011
  • Produce: Sociedade Galega de Historia Natural de As Mariñas, Grupo de Anelamento Anduriña
  • Colabora: CEIDA

A exposición Os humidais galegos pretende dar a coñecer dous pequenos humidais situados nas proximidades de dúas localidades en constante crecemento, Sada na provincia da Coruña, e Cangas na provincia de Pontevedra. Estes humidais ameazados por proxectos urbanísticos, problemas de contaminación, etc., amosan a realidade doutros moitos espazos naturais dispersos por todo o territorio galego.

Hoxe non é descoñecido que os humidais son ecosistemas clave por ser reservorios de auga, sumidoiros de carbono, por manter a fertilidade do solo, por reciclar os nutrintes, por actuar na prevención de desastres naturais... en definitiva, ofrecen unha serie de servizos ambientais de indubidable valor pero de difícil cuantificación económica, polo que case nunca son recoñecidos pola sociedade. A gran riqueza e diversidade de especies que presentan os converte nun dos ecosistemas máis complexos e produtivos do planeta, mais o principal beneficio da biodiversidade dos humidais non é o uso directo das especies, senón o funcionamento equilibrado dos ecosistemas.

A exposición consta de 11 paneis informativos onde se presentan os valores e ameazas das Brañas de Sada, e outros 14 paneis que presentan o humidal Punta Balea de Cangas. Complétase co audiovisual “As brañas de Sada”.

Horario: de luns a venres de 10 a 14 h. e de 16 a 19 h., sábados de 11 a 14 h.

Entrada de balde.

Programa educativo asociado á exposición