
Do 10 ao 26 de marzo no IES de Vios - Abegondo
A catástrofe ambiental do petroleiro Prestige, o 19 de Novembro do 2002 tinxiu de negro 2.900 km de costa de varios países. O seu impacto no medio natural e socioecómico foi evidente, afectando a máis de 250.000 aves e obrigando a cesar na súa actividade pesqueira a máis de 30.000 persoas. Este tráxico suceso conmocionou á sociedade que reaccionou con valores como a solidariedade, a participación e a creatividade. Os voluntarios, os mariñeiros e a plataforma Nunca Máis entre outros, foron os protagonistas que traballaron para restablecer a normalidade. CEIDA e a Fundación Territori e Paisatge queren divulgar nesta exposición todo o que pasou por aquelas datas, axudando a descubrir o que debemos aprender todos para que estes feitos non se volvan a repetir. Tras varios anos desta traxedia, a exposición Prestige, crónica negra dun modelo enerxético insostible pretende:
Características da exposición
A raíz desta exposición realizouse unha publicación impresa e unha dixital.
Esta é una exposición de préstamo. Se estás interesado en solicitar esta exposición debes estar de acordo coas condicións para a cesión e cubrir e enviar o formulario de solicitude.