35 paneis e 5 maquetas
Amosa as actuacións de rehabilitación que a Consellería de Vivenda e Solo está a levar a cabo no Barrio da Tinería –en pleno centro histórico de Lugo-. Recupérase así un valioso patrimonio arquitectónico desta parte da cidade.
Trátase dunha contribución á conservación e á recuperación dun barrio que forma parte da historia da cidade, dende cuxas rúas se poden contemplar as torres da catedral e no que moitos dos seus edificios comparten espazo coa Muralla romana.