O Son das Buguinas | CEIDA

O Son das Buguinas

Foto da actividad
  • Datas: Do 4 ao 29 de outubro de 2011
  • Autores: Fotos de Paco Vila Barros, ilustracións de Xulia Barros e textos de María Reimóndez
  • Organiza: Implicadas no Desenvolvemento
  • Contido:

    Exposición producida por Implicadas no Desenvolvemento

O Son das Buguinas é unha exposición sobre a tsunami que asolou o surleste asiático no ano 2004. Céntrase no distrito de Karaikal, India, onde a ONG galega Implicadas no Desenvolvemento emprendeu un proxecto de axuda humanitaria de emerxencia que derivou nun proxecto de desenvolvemento que continúa na actualidade.

A exposición conta con fotos de Paco Vila Barros, ilustracións de Xulia Barros e textos de María Reimóndez. Os textos e ilustacións harmonizan co libro O son das buguinas , publicado por Edicións Xerais, no que colaboran Rosa Aneiros, Agustín Fernández Paz, An Alfaya, Fran Alonso, Marilar Aleixandre, Dolores Ruíz e María Reimóndez.

Horario de visitas: de luns a venres, de 10 a 14 h. e de 16 a 19h., e sábados de 11 a 14 h.