
20 paneis con fotografías tamaño A2 a toda cor, con textos explicativos e folletos de presentación, sobre a realidade e ameazas do pobo asháninka.
O territorio asháninka é unha rexión no centro de Perú que forma parte da Amazonia, a maior reserva ecolóxica do planeta. Estes nativos, custodios dun patrimonio universal, manteñen un modo de vida en equilibrio co medio dende hai mais de cinco mil anos.Na súa cultura, as ideas de cooperación e comunidade son esenciais, realizando moitas tarefas colectivamente.
Dende 1635, os asháninka veñen sufrindo cruentas agresións , primeiro dos misioneiros e despois da masiva colonización da selva. A dura época de violencia potenciou a organización indíxena para defender os seus territorios do espolio e a colonización. Este pobo quere conservar o seu modo de vida, preservar a selva.
Un equipo de cooperantes da Fundación Paz e Solidariedade, estivo no territorio dos asháninka, co obxetivo de establecer relacións diectas coas súas organizacións, a fin de realizar proxectos de cooperación.
Documentos dispoñibles da exposición: