
15 paneis explicativos sobre os diferentes usos da Illa de Santa Cruz. Maqueta actual da Illa de Santa Cruz. Dous arcóns e unha meda do S. XIX e un retrato de Cavalcanti do pintor Francisco Lloréns. Vídeo sobre a vida de Dona Emilia Pardo Bazán. Vitrina ca obra literaria de Dona Emilia Pardo Bazán. Vitrina con material editado polo CEIDA. Ordenador ca páxina web do CEIDA
Esta exposición, producida polo CEIDA, fai un percorrido polos distintos usos que tivo a Illa de Santa Cruz o longo da súa historia. Esta dividida en catro etapas fundamentais: A primeira etapa foi a construcción dun forte militar, a finais do século XVI, co fin de protexer a cidade da Coruña dos posibles ataques por mar. A mediados do século XIX, Xosé Quiroga constrúe un pazo na illa de Santa Cruz tras mercala en subasta. Este pazo foi a residencia veraniega de Quiroga e da súa muller, a celebre escritora, Emilia Pardo Bazán. Na terceira etapa o Castelo convertese nunha casa de colonias para orfos do exército tras a doación da illa por parte de Blanca Quiroga. Finalmente o Castelo pasa a ser a sede do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) tras a compra da illa polo Concello de Oleiros. Desta maneira o antigo forte militar converteuse nun forte de defensa e protección do medio ambiente.
Documentos dispoñibles da exposición: