I Congreso Internacional Natureza e Imaxe | CEIDA

I Congreso Internacional Natureza e Imaxe

O goce da natureza a través dos sentidos é a finalidade principal do “I Congreso Internacional Natureza e Imaxe”.

Do 27 ao 31 de maio, dentro do marco de este Congreso, os participantes poderán desfrutar de exposicións fotográficas, proxeccións de curtametraxes e documentais, participar nun curso de fotografía ou nun obradoiro de ilustración, e os centros escolares inscritos no III Congreso de Educación Ambiental poderán amosar o traballo desenvolto durante o curso arredor dun espazo natural.
Diferentes formas de divulgar os valores da natureza a través das diferentes olladas dos seus autores, que conflúen na necesidade da conservación dos espazos do planeta.

Organizan: CEIDA, os Museos Científicos Coruñeses, a Concellería de Cultura do Concello da Coruña e a International Wildlife Photography Society.

Entidades colaboradoras: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; Deputación da Coruña; Universidade da Coruña; Consorcio das Mariñas; Concellos de Abegondo, Bergondo, Culleredo, Oleiros e Sada; Caixanova; Haley; Foto Artús; Grupo Naturalista Hábitat; Sociedade Galega de Historia Natural - delegación As Mariñas e ADEGA.

Cartel do Congreso

Cartel informativo do Congreso

Actividades: