Exposicións | CEIDA

Exposicións

  • Natureza e Paisaxe. Manuel Lemos
    Lugar: Concello da Coruña. DOMUS.
    Datas: do 3 ao 21 de maio
    Horario: de 10 a 19 h. de luns a domingo
    40 fotografías de tamaños variados a través das cales o público poderá realizar unha viaxe contemplando a diversidade de paisaxes e a variada natureza galega.
  • Unha ollada natural. Calros Silvar
    Lugar: Concello de Abegondo. Aula multimedia
    Datas: do 30 de abril ao 31 de maio
    Horario: de 9 a 14 h de luns a venres
    24 láminas con ilustracións de flores, fungos, fentos, insectos, anfibios, paxaros, grandes e pequenos mamíferos, e outros, que, como se de fotografías se tratasen, amosan ata o máis mínimo detalle a fermosura da natureza que
    nos rodea.
  • Fotografías do Grupo Naturalista Hábitat
    Lugar: Concello de Cambre. Sala de Exposicións (Samosteiro, 4º B)
    Datas: do 8 de maio ao 5 de xuño
    Horario: de 11 a 13 h. e de 16 a 20 h. de luns a venres. Sábados de 11 a 14 h.
    Mostra que recolle as mellores imaxes deste grupo naturalista que leva mais de 25 anos realizando campañas de divulgación e diversos estudos sobre o medio natural galego.
  • Antártida. Carlos Caraglia
    Lugar: Concello de Culleredo. Xardín Botánico da Ría do Burgo
    Datas: do 7 ao 28 de maio
    Horario: de 18 a 21 h. de luns a venres
    Imaxes que axudan a comprender a grandiosidade deste escenario de xeo, con paisaxes que parecen ilustracións dun conto de fantasía, entre inquietantes e monumentais.
  • Galicia, camiño celeste. Xurxo Lobato
    Lugar: Concello de Oleiros. Castelo de Santa Cruz
    Datas: do 5 abril ao 31 maio
    Horario: de luns a venres de 10 a 14 h. e de 16 a 19 h. e sábados de 11 a 14 h.
    25 fotografías aéreas de gran tamaño que amosan a Galicia que construímos e a que, malia as dificultades e as catástrofes, estamos dispostos a recuperar.
  • O límite do mar. Fran Nieto
    Lugar: Concello de Sada. Casa da cultura Pintor Lloréns
    Datas: do 1 ao 17 de maio
    Horario: de 9 a 14 h. e de 16 a 20 h. de luns a venres. Sábados de 10 a 13.30 h.
    22 imaxes de cantís, praias e outros recunchos comprendidos entre o cabo Prioriño e a praia de Valdoviño, un tramo de costa cunha gran beleza.