Lugar: Concello da Coruña. Sala de proxeccións da DOMUS.
Datas: domingo 16 de maio
Cartel
- 10:00 Photo B
Internet é un punto de encontro de vital importancia no desenvolvemento da fotografía da natureza. Pablo e Carlos Briones, fundadores e administradores da web www.photo-b.net, ofrécennos as claves do éxito desta posibilidade de compartir unha afección.
- 10:40 Flores. Nieves Caballero
As flores son uns dos motivos fotográficos máis frecuentes. A enorme biodiversidade da Península Ibérica posibilita poder obter imaxes de grande interese.
- 11:00 Mundo Invisible. Paco Alarcón
Cando nos mergullamos no terreo do diminuto, na microfotografía, descubrimos un novo mundo de gran beleza plástica.
- 11:20 Northtumberland. Fran Nieto
A costa do Reino Unido está repleta de santuarios de nidificación para as aves acuáticas. Un destes lugares, as Illas Farne, foi visitado polo fotógrafo galego, que tamén percorreu algúns dos bosques próximos a Escocia.
- 11:35 Fotógrafo de monte. José Larrosa
A fotografía da natureza supón un importante coñecemento do medio que se intenta reproducir e, ademais, unha gran paixón. Esta é, ás veces, a única forma de compensar o enorme esforzo que supón cada foto realizada.
- 11:50 Descanso
- 12:10 Trala esencia da natureza. Arkaitz Morales
A través deste audiovisual, Arkaiz Morales, especialista en fotografía de paisaxe, móstranos a súa peculiar evolución nesta parcela fotográfica. A cor foi deixando paso ao monocromo, tratando de captar a esencia da natureza en todas as tomas.
- 12:25 Time Lapse. Nilo Merino
As novas tecnoloxías dixitais posibilitan a exploración de novas formas de expresión fotográfica. Nilo Merino Recalde, pese a súa corta idade, é un experto internacional no uso dunha cámara fotográfica para captar o transcorrer do tempo.
- 13:00 Audiovisual da DOMUS. Monstros mariños.
Espectaculares e realistas animacións tridimensionais baseadas nos coñecementos obtidos dos achados paleontolóxicos. Co aval científico de National Geographic, este documental en 3D somérxenos no mundo dos reptiles acuáticos que viviron na era dos dinosauros.
- 13:45 Fotógrafos da Natureza arxentinos
Arxentina goza dunha situación xeográfica envexable que permite a existencia de múltiples ecosistemas. Neste audiovisual, realizado póla Asociación de Fotógrafos da Natureza Arxentinos, acercámonos as súas paisaxes e aos animais que nelas habitan.
- 14:00 Sinfonía de montaña. Tato Roses
Trekking e paisaxes de alta montaña en diferentes países do mundo da man deste escritor, fotógrafo e montañeiro.
- 14:15 Gallaecia natura. Marcos Veiga
- 16:00 Pérdidas de Biodiversidad. Perspectivas de futuro. Xosé López Goldar
Todo o mundo é consciente da decadencia paulatina da biodiversidade no noso planeta. Moitos son os factores que inflúen neste proceso. Nas últimas décadas é de destacar o efecto devastador que ten a fragmentación dos hábitats nos ecosistemas, principalmente debida á man do home. Ademais existen outros, non menos importantes, que no seu conxunto, orientarán o destino da biodiversidade cara a unha extinción masiva ou ben a unha esperanzadora recuperación. Nas nosas mans está.
- 16:30. Un Instante coa Natureza. Kiko Arcas
Un audiovisual para gozar do traballo realizado por este fotógrafo durante os últimos dous anos. Nel podemos ver algunhas imaxes de fauna e flora da xeografía española: Pirineos, Doñana, Picos de Europa… e de Galicia, a súa terra natal. Paisaxes, réptiles, mamíferos e a súa grande paixón, as aves, serán o tema principal deste audiovisual.
- 16:45 Ría de Ortigueira e Ladrido, unha escala ornitolóxica. Calidris
A ría de Ortigueira é un enclave moi importante no paso e invernada de gran cantidade de aves anátidas e limícolas, amparadas por un contorno de gran beleza, ao abrigo de magníficos acantilados coma os de Herbeira no
seu límite Oeste e as ribeiras de Céltigos e Loiba cara o Este. A asociación ornitolóxica Calidris desvélanos algúns dos seus segredos mellor gardados.
- 17:00 Realización de vídeo en Galicia. Ramiro J. Freire
Galicia conta con excelentes localizacións e contidos para realizar audiovisuais de natureza ao máis alto nivel. Ramiro J. Freire ensínanos algún dos seus lugares favoritos.
- 17:30 Courel. Manuel Lemos
A serra do Courel é punto de encontro dunha coexistencia pacífica do home e a natureza que se prolonga dende hai milleiros de anos.
- 18:00 Audiovisual da DOMUS