O Centro de Visitantes do Monumento Natural abre as súas portas con horario de verán | CEIDA

O Centro de Visitantes do Monumento Natural abre as súas portas con horario de verán

O Centro de Visitantes do Monumento Natural Costa Dexo-Serantes, xestionado polo CEIDA, localizado na antiga casa do fareiro en Mera (Oleiros) permanecerá aberto de martes a domingo de 11 a 14 h. e de 16 a 20h. durante a tempada de verán.

Como novidade, este ano ofértanse visitas guiadas ao centro e ao Seixo Branco de martes a venres ás 11 h., que terán a duración dunha hora e un custe de 3€ por persoa. Os interesados poderán solicitalas previamente a través do teléfono do equipamento 981618154.

Por outra banda, o CEIDA continúa coas visitas para grupos organizados dentro do programa de educación ambiental “O mar e a costa, recursos valiosos para todos”, que teñen o custe de 1€ por persoa e poden solicitarse a través da páxina web do CEIDA.